Saturday 20 de April de 2024

Inés Rey recibe aos colaboradores e colectivos da carreira RUNKI


A alcaldesa, Inés Rey, recibeu esta tarde aos colaboradores e colectivos da primeira edición de RUNKI ‘A carreira dos superheroes’. Máis de 100 convidados e convidadas encheron o Palacio de María Pita, nun acto organizado en colaboración coa Fundación ENKI.

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que “este domingo celebraremos unha proba única en España, que servirá para mostrar ao mundo os superpoderes que temos os coruñeses e as coruñesas”.

Ademais da rexedora tamén interviron Laura Fernández Soto, presidenta de Adcai; e Jose Luis Fernández Gallego, promotor de Marines ENKI. Ao remate das intervencións, Jose Luis Fernández Gallego fixo entrega dunha lámina feita polo artista Edgar Ortiz a cada unha das asociacións, así como á alcaldesa. As asociacións que asistiron ao acto foron Déjame tus piernas, Asturias; Cohete Team, Arrastrasillas e SuperLu, de Cantabria; Discamino, Vigo; Avapace corre, Valencia; Carros de Fuego, Sevilla; Zure Irrifarra, Pais Vasco; Corregamusinos, Palencia. Unha mostra da importancia do evento RUNKI a nivel nacional, con colectivos chegados de diversos puntos do país.

‘Acarreira dos superheroes’ RUNKI celebrarase mañá, domingo 5 de xuño, con salida dende Riazor ás 10.30 h. A entrega de premios será ás 12.00 h na liña de meta, sita en Praza de María Pita.